3/6/08

O instituto melidense celebra a Semana de Lituania co apoio dunha docente dese país

A presenza da profesora lituana Jolanta Karaliute no instituto de Melide foi aproveitada para montar unha Semana de Lituania co fin de abrir unha fiestra a un país distante pero que comparte un espazo europeo común.
A profesora lituana chegou ao centro melidense como asistente lingüística de inglés a través dos programas educativos Comenius da Axencia Nacional Europea.
No instituto montouse un posto informativo sobre Lituania, unha exposición con oito paneis sobre os diferentes aspectos da cultura lituana e proxeccións de vídeo e fotografías.
A profesora Jolanta Karaliute impartirá varias charlas e a radio escolar editou un cedé con contos lituanos, ademais de exhibirse carteis coas expresións máis elementais para comunicarse na lingua lituana.