28/1/09

PECHE DE GUANTÁNAMO

Esta boa nova está enlazada coa anterior: o presidente B.Obama ordena o peche de Guantánamo no prazo dun ano, e asinou dúas ordes mais que prohiben o uso da tortura e abrirán unha revisión dos procesos de detención neste lugar. Non vos parece unha boa noticia?. Quizais a mellor do ano. Aínda é cedo para dicilo, pero poucas superarán a esta que nos chega dende os E.E.U.U.
QUE O ANO SIGA ASÍ!!!

19/1/09

WE CAN

Este foi o lema que empregou o candidato do partido demócrata na súa campaña electoral para a presidencia dos U.S.A., e, efectivamente, puido. Nun país no que aínda nos anos 60 os brancos e negros non tiñan igualdade de dereitos civiles, este foi un gran paso para a súa historia.
Moitos dos da súa raza morreron sen chegar a ver este día. Quedan atrás os pioneiros como Rosa Parks ou Martin Luther King ou aqueles estudantes do estado de Alabama que tiveron que acudir ao instituto custodiados polas forzas de orde público. E tanta xente anónima que loitou e aínda loita pola non discriminación racial. Por todo isto seméllanos unha boa nova que o 44º presidente dos E.E.U.U. sexa un cidadán negro. Non por iso será mellor ou peor na súa xestión, terá erros e acertos coma todos os seus antecesores. A historia xulgarao como a todos. Como a todos.
Lembramos, en derradeiro lugar, as palabras de Martin Luther King: teño un soño....un soño de igualdade e fraternidade. A el, matárono, ao seu soño, non.