19/5/10

UN NOVO CORAZÓN BIOARTIFICIAL

En colaboración con E.E.U.U. , médicos españois tratarán de crear un corazón bioartificial a partir do órgano dunha persoa morta e demostrar a súa viabilidade para o trasplante, algo que científicos estadounidenses xa conseguiron e experimentaron con animais. Tentarán eliminar todo o contido celular do corazón da persoa morta , e a partir dunha "matriz", que sería repoboada con células do paciente, construír un órgano novo. Así o explicou o doctor F.Fernández-Avilés, xefe do servizo de cardioloxía do Hospital Gregorio Marañón.