17/2/09

A LOITA DUN ADOLESCENTE CONTRA O CANCRO


A Paolo Crepsi, un rapaz italiano de 13 anos detectaronlle un tumor nun xeonllo o verán pasado e, desde entón, está dando unha “lección de vida” a todo o mundo, narrando a súa loita contra o cancro a través de Internet . A idea de crear un blog xurdiu dos seus pais, Piercarlo e Rosana, quen consideraron que se trataba dunha boa maneira de que o seu fillo estea en contacto cos seus compañeiros de clase mentres segue o tratamento de quimioterapia no hospital. Os últimos exames médicos confirmaron que o 90% de células tumorais xa desapareceron e que só lle quedan nove sesións de “quimio”.No blog, Paolo faise chamar “ Titan Paul ” porque lle implantaron un xeonllo de titanio despois de extirparlle un osteosarcoma. A súa afición favorita é xogar á “play” e de mallor quere ser cociñeiro.

(Laura Sánchez, Doa Laya, Cristina López e Iria Parras, 4ºA)

UN EXEMPLO DE SUPERACIÓN PERSOAL


Jessica Cox, unha moza de 25 anos,naceu sen brazos. A pesar deste problema, non lle impediu superar todo tipo de obstáculos.O seu último reto conseguido é pilotar unha avioneta cós seus pés, que desenvolveron unha habilidade prodixiosa.A moza coas súas propias palabras declarou:Nunca digo:"Non podo facer isto". Senón:"Aínda non o probei".

(Cristina López Loureiro e Iria Parras Vázquez, 4ºA)

UN ELEFANTIÑO ADOPTADO POR UNHA OVELLA


Os coidadores do centro Samwari de Rehabilitación da Vida Salvaxe de Westerm Cape (Sudáfrica) temían que Themba, un pequeno elefante orfo de 6 meses, non puidera sobrevivir sen o afecto e os coidados dunha nai. Pois ben, si eles están facendo canto poden para alimentalo correctamente, unha ovella, que non se separa del, converteuse na súa nai adoptiva.

(Laura Sánchez, Doa Laya, Cristina López e Iria Parras, 4ºA)

16/2/09

PRIMEIRO BEBÉ NADO DUNHA MULLER CUN TRANSPLANTE DE OVARIO


Por primeira vez na historia da menciña, unha muller deu a luz tras se someter a un transplante total de ovario, procedente da súa irmá xemelga. A paciente, de 39 anos, era fértil dende os 15 e sometérase á intervención, realizada no Centro de Infertilidad de St. Louis (EE.UU), para reanudar a súa menstruación e evitar os efectos dunha menopausia prematura. A nena, que naceu por cesárea, pesou 3 kilos e medio.
(Noticia recollida por Cristina López Loureiro e Iria Parras Vázquez, 4ºA)

11/2/09

UN PASO HACIA DELANTE CONTRA LA MUTILACIÓN GENITAL

El gobierno del país africano de Gambia ha asumido como programa nacional un proyecto encabezado por la antropóloga Adriana Kaplan, de la Universidad Autónoma de Barcelona, dirigido a sustituir la mutilación genital femenina por un "ritual de paso" no traumático, de la niñez a la etapa de la fecundidad, que sea al tiempo respetuoso con las tradiciones locales. En palabras de la doctora Kaplan: «Aquí, las únicas protagonistas son las mujeres que deciden romper con la tradición y adoptar el ritual alternativo». Es decir, acabar con la fase física y mantener las de transmisión cultural y de reconocimiento social. La doctora se autoimpone un plazo de 10 años, para conseguir los resultados deseados. Se necesita especialmente formar a profesionales locales en atención primaria para que dinamicen la concienciación.
Esperemos que este no sea un paso aislado en la conquista de la dignidad de gran parte de las mujeres del continente africano.
(Noticia recogida en El Mundo, 11-2-09)

6/2/09

A PRIMEIRA MULLER Á FRONTE DOS PROCURADORES DE COMPOSTELA


Soledad Sánchez é a primeira muller decana do Colexio de Procuradores de Santiago de Compostela. Sustitúe a José Paz, que exerceu o seu cargo durante 15 anos. Isto, en realidade, non debería ser un suceso "noticioso", nun país supostamente desenvolvido. Pero o certo é que a muller segue a estar detrás do varón en altos cargos, tanto da Administración pública coma das empresas. A realidade "peta á porta", e amosa o longo camiño que aínda queda para a equiparación de oportunidades entre varóns e mulleres. Ogallá que estas novas deixen de selo.