17/2/09

A LOITA DUN ADOLESCENTE CONTRA O CANCRO


A Paolo Crepsi, un rapaz italiano de 13 anos detectaronlle un tumor nun xeonllo o verán pasado e, desde entón, está dando unha “lección de vida” a todo o mundo, narrando a súa loita contra o cancro a través de Internet . A idea de crear un blog xurdiu dos seus pais, Piercarlo e Rosana, quen consideraron que se trataba dunha boa maneira de que o seu fillo estea en contacto cos seus compañeiros de clase mentres segue o tratamento de quimioterapia no hospital. Os últimos exames médicos confirmaron que o 90% de células tumorais xa desapareceron e que só lle quedan nove sesións de “quimio”.No blog, Paolo faise chamar “ Titan Paul ” porque lle implantaron un xeonllo de titanio despois de extirparlle un osteosarcoma. A súa afición favorita é xogar á “play” e de mallor quere ser cociñeiro.

(Laura Sánchez, Doa Laya, Cristina López e Iria Parras, 4ºA)

No hay comentarios: