3/7/08

Palabras encadeadas para fomentar o galego

O tradicional xogo das palabras encadeadas será o fío condutor da nova campaña da Secretaría Xeral de Política Lingüística para promocionar o uso do galego entre os mozos a través de actividades lúdicas, e que pretende 'implicar todas as persoas que se queiran unir'. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou hoxe en Santiago esta campaña, que se presenta baixo o lema 'En galego, tes todo por vivir, Tócache!' e que arrinca "como un xogo dinámico" no que se construirá unha cadea de palabras en galego entre "todas as persoas que se queiran unir" e como especial reclamo "para os máis novos".
Fonte: A Nosa Terra (03/07/08)

No hay comentarios: