
Moitos dos da súa raza morreron sen chegar a ver este día. Quedan atrás os pioneiros como Rosa Parks ou Martin Luther King ou aqueles estudantes do estado de Alabama que tiveron que acudir ao instituto custodiados polas forzas de orde público. E tanta xente anónima que loitou e aínda loita pola non discriminación racial. Por todo isto seméllanos unha boa nova que o 44º presidente dos E.E.U.U. sexa un cidadán negro. Non por iso será mellor ou peor na súa xestión, terá erros e acertos coma todos os seus antecesores. A historia xulgarao como a todos. Como a todos.
Lembramos, en derradeiro lugar, as palabras de Martin Luther King: teño un soño....un soño de igualdade e fraternidade. A el, matárono, ao seu soño, non.
No hay comentarios:
Publicar un comentario