
cando sintonizar unha emisora era toda unha "proeza". A seguinte época denomínase Radio censura, en refrencia á posguerra. A etapa 1958-1977, Cando os galegos encontraron a radio, recolle o inicio dun cambio, cando comezan a obviarse as derradeiras prohibicións.
Noticias de Galicia, refírese a etapa que vai dende 1978 a 1999, reconstruindo a historia da radio da democracia e a autonomía galega. Por último hai unha sección dende o ano 2000 até a actualidade, que bota unha ollada á radio dixital, internet...
A exposición está estruturada en tres andares ,nos que acolle diverso material divulgativo, un estudio de grabación, mostra de radios antigas, unha sección con material do Consello da Cultura e dous puntos de escoita, nos que o visitante pode acceder a medio centenar de arquivos sonoros.
A anciá da fotografía posa co agasallo que lle trouxeron os seus parentes da emigración. A radio, entre outras cousas, foi, en verdade, un grande alivio de soidades. Disto, e doutras cousas, sabían moito as nosas aboas, xentes que se entretiñan coas radionovelas e que non se ían deitar sen escoitar "o parte", como chamaban ao noticiario. A velliña da fotografía semella abrazar a radio coma se fose unha nova compañeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario