
Sen embargo cómpre alertar contra dúas opcións perigosas que podemos adoptar, que veñen sendo as dúas caras da mesma moeda:
--a incoherencia, entre o que supostamente defendemos e o noso comportamento na vida diaria: non podemos dicir que somos pacifistas e comportarnos habitualmente na clase, na casa, ou cos amigos dun xeito ameazante e provocador.
--"o pasotismo": xa que non somos os presidentes de países importantes nin do F.M.I. , “pasamos” porque consideramos que non somos quen de arranxar nada, esquecéndonos das inxustizas que non vemos ou non queremos ver todos os días, no noso entorno, e que poderíamos axudar a remediar. E aquí onde entra a "teoría dos puntos". En xeometría estudamos que varios puntos forman unha liña. Pois ben, entendamos dunha vez que nós somos eses diminutos e minúsculos puntos que podemos formar a liña dun mundo máis xusto e solidario. Non son palabras bonitas, son verdadeiras. Non hai ningunha ponte, casa ou catedral que comezase sen a primeira pedra, ningún camiño que se trazase sen un primeiro camiñante. Se nos detemos un intre en mirar ao noso arredor, atoparemos bastantes cousas que podemos amañar. Eso si, perdendo o medo, e vencendo a preguiza, e a inercia. Si, definitivamente somos quen de ser construtores de Boas Novas !!
FELIZ VERÁN !!
4 comentarios:
Está ben a teoría dos puntos e das liñas, pero non hai que esquezer que os puntos poden ser dunha ou outra natureza; e dependendo diso, así saírán as liñas....
Puntos? puntos filipinos..... !!!
Certo que moitos puntos forman unha liña: pero eses puntos deben saber que o labor até ver a liña completa non é precisamente doado; senon duro e teimudo: coma todo o que merece a pena nesta vida, costa. E costa moito.
A seguir cos puntos e as liñas da nosa propia, persoal e intranferible viaxe, esteamos onde esteamos!!
Publicar un comentario