PASAMENTO DE ALEXANDR SOLZHENITSYN
(Kislovodosk, 11-12-1918 / Moscova, 3-8-2008)

Quizais chame a atención que nunha sección do blog chamada “Boas Novas” apareza a noticia da morte dunha persoa. A razón é ben sinxela: non se celebra o seu falecemento, senon a causa da liberdade que defendeu en vida , denunciando unha situación de violación extrema e en masa dos dereitos humanos. Por isto merece estar aquí.
A principios de agosto deste ano, que está a piques de rematar, morreu na súa casa dos arredores de Moscova, Alexandr Solzhenitsyn, coñecido disidente ruso e Premio Nobel de Literatura.
Naceu en 1918 no Cáucaso ruso, fillo dun heroe da 1ª guerra mundial, no seo dunha familia de tradición cristiá ortodoxa. A súa infancia estivo marcada pola revolución rusa de 1917, e o xoven universitario estudante de matemáticas e física , convertiuse nun fervente seguidor do partido comunista. Escritor precoz, participa na 2ª guerra mundial no exército ruso. En 1945, é repentinamente detido pola policía soviética. Logo dunha penosísima viaxe até a capital, comunícanlle o seu delito: unhas críticas vertidas sobre o réxime de Stalin nunha carta privada a un amigo. Alexander é trasladado ó cárcere da Lubianka, e alí, coma outras moitas persoas, é interrogado, vexado e torturado. Foi condeado a 8 anos de traballos forzados e ao desterro perpetuo. Pasou por varios campos de concentración en Siberia; traballou de mineiro, albanel e forxador nunhas condicións infrahumanas, vendo morrer a moitos dos seus compañeiros e enfermando el mesmo dun cancro do que sanaría tras varias recaidas.
Rematada a súa condea, foi enviado a unha afastada cidade como mestre de escola primaria; feito que aproveita para escribir en segredo. En 1956 é rehabilitado e permíteselle vivir na Rusia central. Durante a apertura política propiciada polo dirixente soviético Nikita Jruschov, publica unha novela curta que escribira hai tempo ,Un día na vida de IvánDenísovich (ambientada nas vivencias dun prisioneiro nun campo de concentración). Acadou grande popularidade na URSS e fóra dela. Pero a apertura durou pouco : a obra foi prohibida e o autor pasou os últimos anos sesenta tentando poñer a salvo da policía secreta (a KGB) os seus manuscritos que circulaban clandestinamente por toda Rusia. En 1969 foi expulsado da Unión de Escritores Soviéticos. En 1970 concédeselle o Premio Nobel de Literatura . Non foi recollelo por medo a que as autoridades soviéticas lle prohibiran voltar ao seu país.
Pero en 1973 aparece “Arquipiélago Gulag” publicado en París e salta o escándalo. Esta extensa obra é unha análise extremadamente documentada (277 entrevistas a supervivintes anónimos dos campos de traballo ou “gulags”) que falan descarnadamente do sistema de prisións soviético e da policía secreta. En total entre 1928 e a morte de Stalin, entre 40 e 50 millóns de persoas foron enviadas aos gulags: aproximadamente a metade delas non voltaría.
Solzhenitsyn foi detido, deportado á Alemaña Oriental e privado da cidadanía soviética. Tras unha estancia en Europa, estableceuse en USA onde seguiu co seu traballo de escritor. Pero o seu rexeitamento do comunismo non lle impediu criticar con dureza os excesos do capitalismo, o delirante consumismo de occidente e a mais que dubidosa ética dos medios de comunicación.
Tras a caída do réxime soviético voltou a Rusia e recuperou a súa cidadanía. Foi até o final un personaxe sumamente polémico e un prolífico escritor. As súas derradeiras obras falan de “Cómo reorganizar Rusia” e “O problema ruso ao final do século XX”
Finou o 3 de agosto deste ano e está enterrado nun mosteiro ortodoxo. Por riba das discrepancias políticas e ideolóxicas, quedan na nosa memoria
as palabras da dedicatoria do 1º tomo de Arquipiélago Gulag:

“A todos aqueles a quen non lles alcanzou a vida para contar isto.
Perdoádeme porque non o vin todo, non o lembrei todo, non o intuín todo”