15/10/09

PREMIOS NOBEL ALTERNATIVOS 2009

Benvidos ao novo curso escolar na sección de Boas Novas!!
Comezamos esta nova andaina coa noticia da entrega dos Premios Nobel Alternativos que outorga a fundación Right Livelihood Award, fundada en 1980 polo publicista xermano-sueco Jakob von Uexküll . Foron creados para homenaxear a aquelas persoas que "traballan na busca e aplicación de solucións para os cambios máis urxentes que precisa o mundo actual".
Este ano os galardoados foron:
--Suzuki, canadiense, zoólogo e moderador de televisión, de 73 anos, recibiu a medalla de honra polo seu "traballo realizado dende hai moito tempo en defensa da responsabilidade social da ciencia e para concienciar sobre os perigos do cambio climático e as medidas necesarias para limitar o seu impacto".
--René Ngongo, congoleño, biólogo, foi distinguido polo súa "coraxe para enfrontarse a aquelas forzas que destrúen a selva húmida do Congo e polos seus esforzos por crear apoio político para a conservación e a explotación sostible desa selva"
-- Alyn Ware, pedagogo neozelandés, galardoado polo polo seu traballo e iniciativas internacionais, desenvolvidos durante máis de dúas décadas, para fortalecer a educación para a paz e crear un mundo libre de armas nucleares".
--Catherine Hamlin, xinecóloga etíope, nada en Australia, premiada "por adicarse dende hai 50 anos ao tratamento de pacientes con fístulas de nacemento, restablecendo así a saúde, a esperanza e a dignidade de milleiros de mulleres africanas en estado de extrema pobreza"
Cada un dos premios, con excepción da medalla de honra, está dotado con 50.000 euros.
Podes atopar máis información na páxina http://es.wikipedia.org/wiki/Premio_al_Sustento_Bien_Ganado