21/1/10

FELIZ ANINOVO CON NOVAS MUNDIAIS !


" Nunca será tarde para procurar un mundo mellor e máis novo, se non poñemos valor e esperanza. "
Ola! Con esta cita do poeta británico Alfred Tennyson, comezamos este novo ano e retomamos o curso. Aínda que as previsións non son moi boas , no ámbito socioeconómico, esperamos atopar boas novas que sexan dignas de ser reseñables neste recuncho do noso blog.
De momento ofrecémovos unha nova ligazón, (que aparece tanto na páxina central do biblomelide, como aquí) . Trátase de http://www.kioskpo.net/. Ahí podedes consultar os máis importantes xornais de todo o mundo: tedes dende Le monde , pasando por The Times, Frankfurter Allgemeine, ou The Whasington Post, Clarín e un longo etc. En fin, xornais ingleses, franceses, alemáns, arxentinos, estadounidenses, chineses, portugueses, israelíes......Algúns deles só os coñecíamos porque se citaban nas películas. Agora tedes a oportunidade de velos vós mesmos. Estamos na sociedade da información, xa sabedes, a prensa é o chamado cuarto poder. Así que a informarse do que pasa polo mundo adiante!