10/3/10

COOPERANTE LIBERADA


A cooperante Alicia Gámez (pertencente á ONG Barcelona Acció Solidaria), secuestrada en Mauritania pola rama magrebí de Al Qaeda durante 101 días foi, por fin,liberada. Xunto cos seus compañeiros, Roque Pascual e Albert Vilalta, formaba parte dun convoi con axuda humanitaria que transitaba pola estrada principal do país.
Nas viaxes humanitarias nas que participou nos últimos seis anos, era a encargada de relatar no blog da ONG, entre outras cousas, como se levaba a cabo o reparto das axudas.
Esperamos a pronta liberación dos seus compañeiros.

8/3/10

OSCAR Á MELLOR DIRECCIÓN 2010


No Día Internacional da Muller, Kathryn Bigelow fai historia convertíndose na primeira muller ganadora dun Oscar á mellor dirección nos 82 anos de historia destes premios. A súa película, En tierra hostil, acadou seis dos nove premios aos que optaba.
Tres mulleres foron nominadas con anterioridade ao premio á mellor dirección: Lina Wertmuller por Pasqualino: Siete bellezas en 1977, Jane Campion por El piano en 1993 e Sofía Coppola por Lost in translation en 2003. Foi K. Bigelow quen conquistou fai unhas horas un terreo reservado durante máis de oito décadas aos homes.

21/1/10

FELIZ ANINOVO CON NOVAS MUNDIAIS !


" Nunca será tarde para procurar un mundo mellor e máis novo, se non poñemos valor e esperanza. "
Ola! Con esta cita do poeta británico Alfred Tennyson, comezamos este novo ano e retomamos o curso. Aínda que as previsións non son moi boas , no ámbito socioeconómico, esperamos atopar boas novas que sexan dignas de ser reseñables neste recuncho do noso blog.
De momento ofrecémovos unha nova ligazón, (que aparece tanto na páxina central do biblomelide, como aquí) . Trátase de http://www.kioskpo.net/. Ahí podedes consultar os máis importantes xornais de todo o mundo: tedes dende Le monde , pasando por The Times, Frankfurter Allgemeine, ou The Whasington Post, Clarín e un longo etc. En fin, xornais ingleses, franceses, alemáns, arxentinos, estadounidenses, chineses, portugueses, israelíes......Algúns deles só os coñecíamos porque se citaban nas películas. Agora tedes a oportunidade de velos vós mesmos. Estamos na sociedade da información, xa sabedes, a prensa é o chamado cuarto poder. Así que a informarse do que pasa polo mundo adiante!

30/11/09

MUJERES REPORTERAS, PREMIO CORAJE

Agnes Taile, Iryna Khalip y Amira Hass

En estos días en que recordamos la Lucha contra la violencia hacia las mujeres (25-XI) y el Día de los Derechos Humanos (10-XII), la Asociación Internacional de Mujeres en los Medios (IWMF) de E.E.U.U. otorgó en el mes de noviembre en la ciudad de Los Angeles, el Premio Coraje a tres mujeres reporteras: Agnes Taile, Iryna Khalip , Jila Baniyaghoob (ausente) y un galardón a toda una carrera periodística a la israelí Amira Hass .
IRYNA KHALIP,
de Bielorrusia (antigua república de la U.R.S.S.), sabe cuál es el precio por oponerse férreamente al régimen totalitario de Alexander Lukashenko ,que lleva 15 años en el poder: en una manifestación contra el Gobierno, mientras un grupo de policías le agarraban del pelo, tuvo que presenciar cómo su padre era víctima de una brutal paliza que le dejó inconsciente. No oculta que su temor ha aumentado, pero, aún así, no piensa dejar su lucha. “Creo que el periodismo es la razón por la que nací. No puedo abandonar a mis amigos que han perdido sus trabajos por la represión o que han sido asesinados”. Iryna sabe que puede correr la misma suerte que su colega rusa, Anna Politkovskaya, asesinada en Moscú por oponerse a la política de Putin respecto a Chechenia.
AGNES TAILE, es una periodista radiofónica de Camerún, amenazada de muerte. La razón: dirigió durante años un programa que denunciaba abusos, corrupción y demás injusticias en su país, gobernado totalitariamente durante 27 años. En 2006, unos encapuchados se la llevaron a rastras unos 300 metros y tras retorcerle las muñecas, intentaron estrangularla. Ha recibido numerosas amenazas de muerte contra ella y su hijo. Confiesa que todavía está traumatizada y superando el shock, pero no quiere dejar su tierra. “Es mi país. Estoy lista para dar la vida por él. Hay demasiada injusticia a mi alrededor y no siento que deba detenerme sólo porque he molestado a algunas personas”
JILA BANIYAGHOOB, es editora del Centro Iraní de Mujeres en internet y no pudo recoger su premio porque acaba de salir de la cárcel. El gobierno islámico de Mahmud Ahmadineyad, la encarceló en numerosas ocasiones, la última, en los actos de protesta durante las recientes elecciones presidenciales. Ha sido víctima de numerosos abusos físicos.
AMIRA HASS, reportera israelí especialista en el conflicto de la Franja de Gaza. Su perfil no es el habitual: ha mantenido durante años sus críticas hacia el terrorismo de Estado y las masacres del Gobierno israelí. “Claro que también me opongo a los métodos palestinos suicidas, porque es inmoral”. Después de la guerra de 2008, logró entrar en la Franja de Gaza : entré para informar sobre la destrucción causada por Israel, pero no la física , sino la emocional : vi gente viviendo con un miedo atroz y sin posibilidad de refugio”. Sabe que ser mujer y periodista en esa zona no es fácil, pero afirma que no le preocupa lo que puedan hacerle
Estas son cuatro mujeres, que, a costa de su integridad personal, tienen la heroicidad, casi sobrehumana, de luchar, en definitiva, por un mundo mejor en unas condiciones extremas. Y sí, también se acuerdan de los jóvenes. AGNES TAILE afirma: “Sólo espero poder inspirar a la gente joven. Ese será mi éxito. Si la juventud no toma en sus manos su destino y es consciente de su potencial, nunca habrá cambios”. Para meditar.

15/10/09

PREMIOS NOBEL ALTERNATIVOS 2009

Benvidos ao novo curso escolar na sección de Boas Novas!!
Comezamos esta nova andaina coa noticia da entrega dos Premios Nobel Alternativos que outorga a fundación Right Livelihood Award, fundada en 1980 polo publicista xermano-sueco Jakob von Uexküll . Foron creados para homenaxear a aquelas persoas que "traballan na busca e aplicación de solucións para os cambios máis urxentes que precisa o mundo actual".
Este ano os galardoados foron:
--Suzuki, canadiense, zoólogo e moderador de televisión, de 73 anos, recibiu a medalla de honra polo seu "traballo realizado dende hai moito tempo en defensa da responsabilidade social da ciencia e para concienciar sobre os perigos do cambio climático e as medidas necesarias para limitar o seu impacto".
--René Ngongo, congoleño, biólogo, foi distinguido polo súa "coraxe para enfrontarse a aquelas forzas que destrúen a selva húmida do Congo e polos seus esforzos por crear apoio político para a conservación e a explotación sostible desa selva"
-- Alyn Ware, pedagogo neozelandés, galardoado polo polo seu traballo e iniciativas internacionais, desenvolvidos durante máis de dúas décadas, para fortalecer a educación para a paz e crear un mundo libre de armas nucleares".
--Catherine Hamlin, xinecóloga etíope, nada en Australia, premiada "por adicarse dende hai 50 anos ao tratamento de pacientes con fístulas de nacemento, restablecendo así a saúde, a esperanza e a dignidade de milleiros de mulleres africanas en estado de extrema pobreza"
Cada un dos premios, con excepción da medalla de honra, está dotado con 50.000 euros.
Podes atopar máis información na páxina http://es.wikipedia.org/wiki/Premio_al_Sustento_Bien_Ganado

30/6/09

OUTRO XEITO DE PASAR AS VACACIÓNS

Se hai algunha boa nova tradicional por estas datas, esta é a das tan ansiadas VACACIÓNS !!! Certo que non para todos serán iguais : algúns faredes unha "fuxida" máis ou menos longa, para cambiar de aires, case todos seguiredes a rota das típicas festas de verán, sen esquecer o estudo (eses "flecos" de setembro, atención a eles !) e tamén hai quen quedará na súa casa. Isto último é moito máis frecuente do que se cre ( e máis en tempos de crise). Non por iso hai que se amargar: o que importa é que sexamos quen de entender as vacacións ( na medida en que sexamos capaces) coma un tempo de cambio de actividades, que debería ser enriquecedor para nós. Por iso amosámovos uns exemplos de "vacacións alternativas" que están comezando a coller pulo nestes últimos anos.
Referímonos a xente que "emprega" o seu tempo de lecer anual en viaxar a lonxanos países, no marco de diversas ONGs, para "botar unha man " ( e as dúas) en axudar a seres humanos que pertencen a ese chamado "3º mundo", e que teñen unhas carencias elementais en nutrición, sanidade, educación, vivenda etc: si, coma eses personaxes que vistes en películas como "El jardinero fiel" o "La ciudad de la alegría" ou como os que vemos nos telediarios dun xeito rutinario. Estes voluntarios axudan en tarefas tan diversas coma limpeza de letrinas, alfabetización de nenos e maiores, construción de casa prefabricadas, axuda de enfermeiría e medicina etc. etc. Todos eles son maiores de idade e soen contar cun cursiño preparatorio que fan no mes de maio ou xuño. A meirande parte soen contar, á volta, que a experiencia foi moi gratificante, que recibiron máis que o que eles deron, e, os máis deles, repiten. A verdade é que non deixa de chamar a atención esta paixón que amosan estas persoas cara esta actividade tan particular...
En internet tedes moitísimos enderezos de ONGs, explicando as súas condicións, prioridades etc.
Lembrade que no noso IES levouse a cabo un mercadiño solidario polo Nadal que patrocinaba a ONG "solidariedade internacional", con moi bos resultados.
En fin, certamente, é unha boa nova que haxa xente que non só pense, senon que tamén leve á práctica ese famoso dito clásico "son home, e nada do humano éme alleo" O mundo, de seguro, será un pouco mellor.

11/5/09

O Consumo antes e agora

Raquel, Patricia, Gloria e Noelia de 1º Bach C fixeron este traballo sobre o cosumo nas familias