27/3/09

Médicos de familia con máis formación

¡
O manexo das urxencias psiquiátricas, a atención o doente politraumatizado, o tratamento da diabetes e a asistencia a persoas afectadas de enfermidade pulmonar obstructiva crónica serán abordados mañá na cidade en catro talleres para especialistas en formación en menciña familiar e comunitaria. A actividade promóvea a Asociación Galega de Menciña Familiar e Comunitaria.
Dos profesionais das urxencias 061 indicaranlles como atender a doentes que se precipitaron dende unha altura, sufriron un accidente de tráfico ou laboral, e presentan numerosas fracturas. Na sesión abordaranse situacións consideradas <> pero que poden presentarse a un médico, como explosións, aforcamento, afogados ou embarazadas politraumatizadas.
Outro asunto relevante serán as urxencias psiquiátricas, e a súa atención no domicilio ou derivación dos diferentes dispositivos de hospitais ou PAC.
É a primeira vez que participan nestas xornadas médicos de familia cunha formación máis completa, de catro anos, pois agora eran tres, e acudirán das catro provincias galegas.
Iria Parras Vázquez 4ºA

No hay comentarios: