25/3/10

PREMIOS MARÍA CASARES


Os Premios de teatro María Casares foron entregados onte nunha gala celebrada no teatro Rosalía de Castro, de A Coruña. A versión escénica de “A Esmorga”, de Sarabela Teatro, foi recoñecida como o mellor espectáculo teatral. Precisamente, esta obra, a máis coñecida de Blanco Amor, cumpre medio século este ano. A producción teatral liderou os galardóns e fíxose cos premios de mellor actor secundario ( Tito García Asorey), mellor iluminación, mellor escenografía e mellor adaptación-traducción. Na imaxe, Anxeles Cuña, a directora, recollendo o premio.
“O segredo dos Hofffman”, de Lagarta Lagarta, recibiu os premios á mellor música orixinal, mellor actriz secundaria ( Rebeca Montero), mellor atriz protagonista (Belén Constenla) e mellor dirección ( Rosa Álvarez).
O Premio de honra Marisa Soto, foi entregado ó actor Gonzalo Uriarte, en recoñecemento da súa traxectoria profesional. Gonzalo Uriarte foi o primeiro presidente da Asociación de actrices e actores de Galicia, que cumpre vintecinco anos, e foi creada para loitar por un teatro profesional, digno e en galego.

No hay comentarios: