19/3/10

FELIZ CUMPREANOS


Estes días Dumbo cumpre 70 anos (moi ben levados, por certo). A película naceu en tempos de guerra en Europa, con moi pouco presuposto, pero chegou a convertirse nun dos debuxos animados máis queridos de W. Disney. Para celebralo, reaparece con todas as novidades da era dixital. O seu negativo (sucio, cheo de pó e cas cores difusas), gardado na caixa forte da Biblioteca do Congreso de EEUU, foi reparado. Tamén o son restaurouse por completo.
Dumbo naceu nun circo, cunhas orellas tan grandes, que lle fixeron ser obxecto de todo tipo de burlas. Mal inicio. Sen embargo, a historia (moi ben contada) dará un xiro e, afortunadamente, disfrutaremos dun final feliz.
Este elefantiño, diferente aos outros, pódenos facer reflexionar acerca da discriminación, cando estamos na antesala da celebración do Día Internacional contra a discriminación racial.

No hay comentarios: