17/3/10

STEPHEN KING DEBUTA NO MUNDO DO CÓMIC


Hoxe saiu á venda American Vampire, un novo cómic firmado por Stephen King (o rei do terror). A historia foi ideada por Scott Snyder, e o debuxante é Rafael Albuquerque. Skinner Sweet, o protagonista, é un vampiro atípico: colle forza da luz do sol e ten colmillos de serpe cascabel. É un cowboy sociópata que deambula polas rúas do antigo oeste. A outra protagonista é Pearl Jones, unha actriz que perde a vida e a recupera baixo outro semblante. As dúas historias entrelázanse e atravesan todas as décadas da historia recente de EEUU.

No hay comentarios: